Wednesday 15 de May de 2024

A obra Ícaro, premio internacional”Compostela” de álbums ilustrados, formará parte da prestixiosa listaThe White Ravens


Trátasedunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich querecolle os mellores títulos da literatura infantil e xuvenil e que será presentada na Feira Internacional do Libro de Franckfurt

A obra “Icaro”, de Federico Delicado e galardoada co VII Premio Internacional “Compostela” de Álbum Ilustrado que convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago xunto coa editorial Kalandraka, foi elixida para formar parte da selección TheWhiteRavens 2015. Trátase dunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional (IJB) de Munich. A súa sede no castelo de Blutenburg recibe, dende 1983, a investigadores e especialistas de diversas nacionalidades para consultar o seu arquivo, formado por máis de medio millón de libros en máis de 130 idiomas, aos que anualmente se lles suman outros 9.000 volumes, xunto con documentos e revistas, entre outros materiais.

O catálogoTheWhiteRavens, que consta de 200 títulos procedentes de 55 países e publicados en 36 linguas, presentarase na Feira Internacional do Libro de Frankfurt o vindeiro 15 de outubro.

“Ícaro”, que tamén foi seleccionado pola Organización Española do Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) para formar parte da Lista de Honra da IBBY (International BoardonBooks for YoungPeople), é unha alegoría sobre a liberdade na que realidade e fantasía converxen arredor da historia dun neno que chega a un centro de acollida e os asistentes intentan averiguar o paradoiro dos seus pais. Trátase dun traballo que plasma a madurez artística de Federico Delicado na que asoman trazos das obras literaria e pictórica de Kafka e Hopper.

Con este títuloxa son tres os libros do Premio Compostela incluídos na prestixiosa lista TheWhiteRavens impulsada pola IJB, unha institución fundada en 1949 por JellaLepman para reunir literatura infantil e xuvenil de todo o mundo, analizala e achegala aos lectores como ferramenta de intercambio cultural:“Bandada“, a obra coa que os mexicanos Julia Díaz e David Álvarez gañaron o V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. TheWhiteRavens 2013; e “A viaxe de Olaf”, de Martín León Barreto, o libro gañador da cuarta edición do premio.